Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde sucumbiu de maneira incrible perante un dos primeiros crasificados da categoría, o Brollón por un gol a dous.

O marcador non reflexa para nada o visto no terreo de xogo, sobre todo na segunda metade onde os locais foron moi superiores pero erraron ocasións incribles.

Na primeira metade o Castroverde agardou pechado no seu campo ó rival na procura dunha contra e o Brollón dispuxo maioritariamente da posesión do balón, sen embargo non conseguían xerar excesivo perigo ante a meta local, namentras que o Castroverde á contra chegou nun par de ocasións pero tamén sen xerar perigo. Así se chegou ó minuto trinta cando un centro colgado á área verdibranca foi rematado por un xogador do Brollón de cabeza pero moi frouxo, sen embargo cando o arqueiro local se aprestaba a atrapa-la bola, ésta deu un mal bote debido ó lamentable estado do terreo de xogo e acabou entrando dentro da meta. Despois do tanto os locais non se viñeron abaixo pero ata o entretempo xa non ocurriu nada máis saliantable.

A segunda metade foi totalmente distinta, os locais adiantaron liñas e saíron a por todas na procura do empate facéndose donos do xogo e co Brollón buscando unha contra, pero con moitos problemas para saír do seu campo, nembargantes no minuto dez un rexeite ó borde da area local foi recollido por un xogador visitante que disparou un tiro pegado ó pau e cando o porteiro se dispuña a despexa-la bola, ésta de novo lle botou diante e lle pasou por enriba del.

Isto foi un xarro de auga fría para o Castroverde que quedou tocado uns minutos pero moi pronto se recuperaron e comezaron a asoballar ó rival sobre todo nuns cinco minutos onde Gelo e Richard tiveron dous mans a mans co porteiro visitante e os seus disparos incriblemente saíron fora cando xa se cantaba o gol.

As ocasións seguiron chegando para os locais pero non había maneira de que a bola entrara, Gelo tivo outra despois de canear o arqueiro pero un defensa salvou o balón na raia cando xa se coaba, por contra o Brollón só tivo unha ocasión nun despexe da defensa local que se acabou estrelando no largueiro da súa propia meta, así se chegou ó minuto noventa onde Gelo se sacou un disparo dende trinta metros que entrou pola escrada, pero non había tempo para máis e pouco despois rematou o encontro.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P…………………..CARLOS 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE…………..MANUEL 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR……………….JUAN 1 PUNTO.