A S.D. Castroverde conqueriu unha importantísima e sufridísima vitoria a domicilio perante o Chantada B nunha tarde noite de sábado moi fría.
O encontro transcurríu con dominio local perante uns visitantes que agardaban no seu campo para tentar sair á contra, sen embargo a pesar de ter o balón na primeira metade o Chantada quizais se precitiba en exceso tentando colgar balóns ó área desde posicións demasiado lonxanas se temos en conta o terreo cedido polo rival ou noutros casos buscando disparos moi lonxanos que tampouco inquedaban ós verdibrancos, así se chegou ó entretempo con tan só un par de ocasións craras para os locais e outro par de ocasións para o Castroverde nun par de contras moi perigosas.
Na segunda metade o encontro mudou, o Chantada seguía tendo a posesión pero xa non era tan crara e coas liñas moi adiantadas comezaron a perder balóns perigoros en posicións defensivas que propiciaron que os verdibrancos se creceran e comezaran a xerar ocasións craras de gol, nembargantes a pólvora estaba mollada e os dianteiros non foron quen de perforar a meta local, por contra as ocasións locais nesta metade foron minguando e apenas inquedaron a meta defendida por Marcos.
Así transcurría o encontro, cun empate a cero que semellaba ía ser o resultado definitivo cando a quince minutos para a fin, Carlos recolleu un pase da morte de seu irmán Marcos e cun disparo dende o borde do área alonxaba a bola na escrada do Chantada dando bantaxe ó Castroverde. Dende iste intre ata a fin o Chantada lanzouse con todo ó ataque e o Castroverde pechouse na súa área agardando a fin do encontro que despois de moito sufrimento por fin se prouduxo e lle deu tres valiosos puntos ó Castroverde.
LIGA FANTÁSTICA
O M.V.P……………….CARLOS 3 PUNTOS.
O IMPRESCINDIBLE……….ALBINO 2 PUNTOS.
O CUMPRIDOR……………MARCOS 1 PUNTO.