Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde sucumbiu por dous goles a un na súa visita a Palas, nun encontro crave na loita pola permanenza na categoría. Os dous goles que acadaron os locais na primeira metade foron demasiado e os verdibrancos non puideron remontar.

A primeira metade foi de craro dominio local, os visitantes tentaban sacar o balón xogado pero a presión abafante do Palas facía que recuperaran rápidamente o esférico en campo contrario co conseguinte perigo. así comezaron a chegar as primeiras ocasións locais ata que no minuto quince un mal despexe do arqueiro visitante é recollido en tres cuartos polo equipo contrario que abre a bola á banda e o centro é rematado ó fonda das maias poñendo o primeiro da tarde. Con iste gol o Castroverde que xa estaba desaparecido aínda baixou máis o seu rendemento e tan só Carlos nunha contra mandou o esférico ó lateral da rede e Gelo dispuxo dun par de faltas que non foi quen de transformar, namentras que o Palas seguiu pechando ó Castroverde e así nun despiste defensivo verdibranco unha bola que a defensa creu que ía sair fora foi recollida na liña de fondo polo Palas que centrou ó segundo pau e alí o dianteiro do Palas compretamente só puxo o segundo tanto no taboleiro.

A raiz diste gol, o Castroverde por fin despertou e comezou a ter algo máis de posesión pero chegouse ó entretempo sen que o marcador se movera por ningunha parte. Na segunda metade o encontro mudou por compreto, con todo perdido os visitantes adiantaron as liñas e comezaron a presionar ó rival dende moi adiante na procura de non deixar combinar como na primeira metade ós locais, aínda que isto supuña que deixaran moitos ocos para a contra do Palas. Desa maneira o partido convertiuse un toma e daca con ataques constantes polas duas bandas pero coa pólvora mollada ata que a falla de quince minutos o Castroverde reduciá distanzas e semellaba que aínda había tempo para polo menos iguala-la contenda, pero un Palas compretamente pechado no área conseguiu a trancas e barrancas aguantar ata o final e gaña-lo encontro.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P………………MANUEL 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE………GELO 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR…………..TOÑO 1 PUNTO.