Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde sucumbiu nun trascendental encontro pola permanenza na categoría perante o San Roque por cero goles a dous.

O encontro foi un dos peores que se viu esta tempada na Veiga do Olmo, xa que ámbalas escadras non tiveron o seu mellor día e tan só a maior eficacia no remate dos visitantes decantou o xogo hacia eles.

Como digo o encontro comezou con dominio alterno sen ocasións moi craras de gol xa que os dous equipos se adicaban a dar pelotazos en longo que non supuñan problema para as defensas, ata que no minuto dez un deses balóns en longo sorprendeu á defensa local e o xogador do San Roque prantouse diante do arqueiro baténdoo cunha fermosa vaselina.

Iste tanto fixo que os locais se viñeran aínda máis abaixo e o xogo segueu transcorrendo con constantes pelotazos e algunha ocasión aillada dos visitantes.

Na reanudación máis do mesmo, un Castroverde inoperante que non eran quen de dar dous pases seguidos e uns visitantes que agardaban a súa oportunidade para matar o encontro, e así chegou nunha contra o segundo gol do San Roque, un centro dende a banda dereita era empuxado a gol na área pequena polo xogador visitante e deixaba o xogo visto para sentenza.

Nos derradeiros vinte minutos por fin o Castroverde despertou aproveitando tamén que o San Roque repregou liñas e comezou a domiñar insistentemente creando tres ou catro ocasións craras que lle puideron valer para empatar sen embargo onte a pólvora estaba mollada e o taboleiro xa non se modificou máis.

Liga Fantástica

O MVP ………. Iago …… 3 puntos