Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Importantísima vitoria a acadada pola S.D. Castroverde no feudo do Friol nun encontro compretamente tolo no que o resultado final foi de catro goles a sete.

Comezou o encontro da peor forma posible xa que, ós dez minutos do inicio os locais xa vencían por dous goles a cero, o que facía presaxiar unha derrota abultada dos verdibrancos, sen embargo Carlos acurtou distanzas no minuto vinte logo dunha gran xogada individual dos dos xemelgos, e a partir dese intre a defensa local comezou a facer augas por tódolos lados, xa que non eran quen de dar sacado o balón e agasallaban con el ó cadro visitante de maneira continua o que aproveitaron moi ben a tripleta formada por Carlos, Marcos e Gelo que fixeron o que quixeron en todo intre. Froito disto o empate chegou pouco despois de novo por medio de Carlos e antes do entretempo o Castroverde facía o terceiro e púñase en bantaxe no taboleiro.

A segunda metade continuou coma a primeira, o Castroverde fíxose dominador do xogo e aproveitando os constantes erros locais en defensa comezou a acadar un resultado de escándalo con catro goles máis obra de Gelo, Carlos e Marcos. O xogo co dous a sete estaba sentenzado o que aproveitaron os visitantes para dar descanso a xente importante do equipo e meter a xoves xogadores para que dispuxeran de minutos o que unido sobre todo a excesiva relaxaxión dos verdibrancos provocou que no último cuarto de hora o Friol pechase ó castroverde na súa área e acadara dous goles máis que maquillaron o resultado, podendo incluso acadar algún outro gol.

LIGA FANTÁSTICA

M.V.P……………….CARLOS, MARCOS XEMELO E GELO…………2 PUNTOS CADA UN