Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde sucumbiu por un gol a tres nunha fría tarde de domingo perante o Santa Comba. O marcador non reflexa o visto no terreo de xogo xa que o dominio foi total dos locais, nembargantes os visitantes souberon aproveitar os agasallos da defensa verdibranca para levarse os tres puntos e deixar nunha complicada situación ó Castroverde.

O encontro comezou con dominio local, cun Santa Comba que agardaba no seu campo e tentaba sair á contra sen crear excesivo perigo, namentras que os locais puideronse adiantar cun tiro de Marcos que o gardaredes visitante sacou da mesma escrada. Os locais seguían chegando pero os seus ataques morrían no área visitante sen que puideran rematar e así transcurría o xogo cando mediada a primeira metade unha falta colgada ó área local foi rematada por Moncho compretamente libre de marca e puña o cero a un no taboleiro.

Isto foi un xarro de auga fría pero os locais seguírono tentando ata o entretempo sen resultado positivo. Na segunda metade o Castroverde seguiu atacando e no minuto cinco Marcos cun tiro dende fora do área batía ó arqueiro visitante e puña a igualdade; eran os mellores minutos locais que tiñan completamente pechado ó Santa Comba pero desgraciadamente nunha contra un mal despexe local fixo que o dianteiro visitante se prantara só diante do cancerbeiro local e o batira de tiro raso.

A partir de ahí o Castroverde lanzouse a tumba aberta e atacou con todo tendo un par de boas ocasións sobre todo un tiro o pau que a piques estivo de entrar pero o que perdoa págao e así xa no minuto noventa outra contra visitante puña o definitivo un a tres.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P………………………..MARCOS GEMELO 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE………………..CARLOS 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR…………………….MANUEL 1 PUNTO.