Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

O primeiro de todo, Bo Nadal e Felices Festas para todos. Que pasedes unha Noitevella memorable e que os Reis traian carbón para todos.

Ó parecer a nova web non entusiasmou á xente, tanto en deseño coma en funcionalidades. Así que aquí tedes: novo deseño (que non está rematado pero debería funcionar mellor que o antigo); e as mesmas funcionalidades, que xa estaban ahí pero bastante ocultas.

Por exemplo, ¿sabedes cantos partidos xogaron cada un dos porteiros, cantos goles levan encaixados ou se non lles marcaron en algún deles? ¿Sabes quen é o xogador máis cambiado da SD, ou o que xogou máis veces de titular? ¿Queres ver a lista do pichichi, das tarxetas ou do MVP? Todos os xogadores do equipo e as súas estadísticas aquí.

Aposto a que nunca vistes a crónica completa dun partido, non só a que aparece na web ó entrar. Tedes un exemplo aquí. Nela podedes ver a alineación, condicións do campo, corpo técnico, sancións e goles. Ademáis se pinchades nalgún xogador veredes a súa traxectoria, a fotos e as estadísticas desta tempada. E se pinchades no campo, veredes a capacidade, unha foto e un mapa interactivo para saber onde se atopa.

Hay moito máis, pero non o vamos a poñer así de fácil. Buscade que seguro que vos sorprendedes

Por último, tamén temos unha sección completamente actualizada. A nova sección de fotos conta con máis de 400 e aumentando. Desde a consecución da copa ata a liga desta tempada. ¿Queres ver as pintas de Rustu coa coleta e as pulseiras? ¿Queres ver ó actual entrenador na súa etapa de xogador? ¿Queres saber a qué se dedican en realidade os xogadores cando comentan que teñen unha churrascada de fin de tempada na Veiga do Olmo? ¿Ou a festa que fixeron na auto entrega de premios do 2011? ¿Ou quizá queiras aprender como colgar un coche dun árbol? ¿Queres ver de novo as fotomontaxes que facemos no verán? ¿Queres un fondo de escritorio da SD? Podes velas aquí, ordeadas por ano.

Esperamos que vos gusten as novidades. Coma sempre, para calquera suxerencia tedes o Fala Barato, a páxina de Facebook, o Twitter ou o noso email

Un saúdo