Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde acadou unha nova vitoria na tarde noite do sábado perante o Guntín por un gol a tres, nun encontro marcado polo tardío da hora do encontro nun campo cunha iluminación deficiente o que provocou que nalgunhas zonas do campo a visibilidade fora escasa.
Comezou o encontro con dominio alterno con ámbolos equipos atacando na procura do gol pero sen xerar ocasións saliantables. Así transcurría o encontro ata que Marcos recolleu o balón no área visitante e tras canear o arqueiro, íste derrubouno facendo penalti que foi transformado por Albino.

Tralo gol, os locais adiantaron as liñas na procura do empate pero sen embargo daba a impresión que nunha contra os visitantes podían acadar o segundo, posto que os locais xogaban coa defensa moi adiantada cun gran risco polos pases ó oco do mediocampo verdibranco e así o Castroverde dispuxo dun par de boas ocasións pero non foron quen de finalizalas con éxito e así quen perdoa págao e finalizando a primeira metade unha falta ó borde da área golpeu na barreira visitante e despistou por completo a Chino poñendo así o empate no taboleiro.

Na segunda metade os dous conxuntos saíron a pola vitoria e o Castroverde comezou a dar unha maxistral clase de toque de balón por parte do seu mediocampo, e así no minuto qunce tras unha serie de paredes entre varios xogadores verdibrancos Gelo prantouse só diante do arqueiro e tras canealo facía o un a dous.

Despois disto os locais foron con todo ó ataque pechando no área ó Castroverde, pero sen embargo a atinadísima defensa no día de onte do Castroverde provocou que os ataques do Guntín non fructificaran, namentras que á contra os visitantes erraron ocasións inverosímiles pero por fin rematando o encontro, Gelo de novo caneou o arqueiro e case sen ángulo acadaba o definitivo un a tres.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P…………………………….GELO 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE…………………….TOÑO 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR…………………………IAGO 1 PUNTO.