A S.D. Castroverde impúxose por dous tantos a un ó Muralla A nun agónico encontro no que ámbolos equipos se xogaban moito pola súa mala crasificación la liga.
O encontro comezou con dominio local que tentaban trenzar boas xogadas para chegar ó marco rival e así comezaron a chegar as primeiras ocasións pero sen éxito, namentras que o Muralla á contra tentaba chegar pero sen puntería. Finalmente, no minuto vinte da primeira metade, Gelo recollía un pase en profundidade e case sen ángulo e coa súa perna mala a dereita batía de tiro cruzado ó gardaredes visitante. Dende ese intre o encontro mudou e os locais repregáronse na busca dunha contra namentras que o Muralla comezou a dominar pero cun xogo excesivamente precipitado que apenas creaba perigo agás un tiro dende a frontal que se estrelou no pau local, por outra banda nunha boa contra Gelo centrou dende a esquerda e Marcos non chegou a empuxa-la bola por milímetros.
Cando parecía que se ía chegar ó entretempo con bantaxe local co tempo xa cumprido o colexiado sinalou unha falta na frontal do área local e Carlos puña o empate cun disparo raso que petaba na barreira e desviaba a traxectoria do balón despistando o arqueiro local.
A segunda metade comezou con dominio alterno, aínda que pouco a pouco os visitantes se fixeron co control do xogo pero coma na primeira metade abusaban de balóns lonxanos colgados á frontal do área onde a defensa verdibranca non tiña excesivos atrancos para despexalos. Pola contra os locais á contra tiñan unha morea de ocasións pero milagrosamente o Muralla salvávase unha vez tras outra polos continuos erros no remate dos locais; así Marcos logo dunha falta lanzada por Toño recolleu o rexeito do arqueiro dentro do área pequena pero o gardamallas detivo o seu disparo a bocaxarro, posteriormente Albino gozou doutra boa ocasión pero de novo fallou, despois á saída dun corner Manuel remataba ó longuerio e o rexeite posterior recollía de novo Marcos que dende o área pequena mandába o testarazo fora. Pero a ocasión máis crara inda chegou posteriormente cando Albino se prantou só diante do gardamaias o xogador verdibranco disparou un tiro cruzado que parecía que ía entra paseniñamente na meta rival, sen embargo a bola petou no pau e quedou morta a dez centímetros da liña de gol, entón apareceu Fraga que cando só tiña que empuxala para adentro a porta baleira, incompresiblemente tirouna por riva do longueiro.
Isto fixo desesperar ó cadro local que vía como erraba unha ocasión tras outra e normalmente o que perdoa págao, pero por sorte nesta ocasión fíxose xustiza e no minuto oitenta Gelo recollía un balón rexeitado dentro do área e cunha vaselina batía o arqueiro rival poñendo o definitivo dous a un.
LIGA FANTÁSTICA
O M.V.P……………………..GELO 3 PUNTOS.
O IMPRESCINDIBLE……………..ALBINO 2 PUNTOS.
O CUMPRIDOR………………….YAGO 1 PUNTO.