Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde perdeu por tres goles a cero contra o Becerreá nunha fría tarde de domingo onde os locais se amosaron moito máis acertados de cara á porta co cadro visitante.

O dominio foi principalmente do crado local fronte a un Castroverde que tentaba crear perigo á contra, así pasaban os minutos sen que ningún equipo tivera ocasións saliantables, ata que mediada a primeira metade un penalti cometido por Juan puxo en bantaxe ó Becerreá. Con éste tanto os forasteiros tiveron que adiantar as súa liñas na procura do empate pero sen excesivo acerto xa que a moi ben prantada defensa local superou en todo momento ós dianteiros verdibrancos.

Na segunda metade máis do mesmo, dominio alterno pero con máis posesión para os locais que chegaban con máis perigo á meta rival e así no minuto vinte o Becerreá acadaba o segundo gol que parecía sentenzar o encontro ante o inexistente perigo visitante.
Ata o final o Castroverde por fin conseguiu chegar ó marco rival e crear algo de perigo pero sen puntería namentras que nos derradeiros minutos de encontro, os locais nunha contra facían o terceiro e definitivo tanto.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P………………..Gelo 3 puntos.

O IMPRESCINDIBLE………..Marcos Fernández 2 puntos.

O REGULAR………………Iago 1 punto.