Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde sucumbiu na tarde do domingo por cero goles a un perante o líder da crasificación o Polvorín.

O encontro non puido empezar peor, xa que no primeiro minuto de xogo os visitantes adiantábanse no taboleiro tras quedarse o dianteiro só diante do arqueiro e batilo. Isto fixo que o prantexamento defensivo dos locais se viñera un pouco abaixo, aínda que sabendo do potencial dos rivais o Castroverde seguiu agardando no seu campo a procura dunha contra que nivelara o marcador.

Así transcurriron os minutos ata o entretempo, sen apenas ocasións agás un tiro o pau do Polvorín e otra ocasión detida polo arqueiro.

Na segunda metade o encontro continuou igual, dominio visitante e os locais con moitas baixas importantes agardando unha contra, de novo con poucas ocasións de gol aínda que de novo os visitantes estrelaron un balón no longueiro e dispuxeron doutro par de ocasións que detivo o gardamaias, namentras que os locais tan só crearon perigo nun par de cabezadas de Manuel que non remataron da mellor maneira para os intereses verdibrancos e así se chegou ó final.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P………………Marcos Quintás 3 puntos.

O IMPRESCINDIBLE………Chino 2 puntos.

O REGULAR…………….Bruno 1 punto.