Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Gran empate a cero goles o acadado pola S.D. Castroverde perante un dos punteiros da clasificación o Calasancio nun traballado e sufrido encontro disputado na tarde do sábado.

Os visitantes presentábanse perante un dos gallitos da competición cunha morea de baixas de habituais titulares polo que o encontro semellaba que ía ser un festín de goles para os locais, sen embargo os verdibrancos conxuráronse para dalo todo no terreo de xogo e sen dúbida fixeron o mellor encontro da tempada non en canto a xogo pero si en canto a esforzo e en por gañas.

O encontro foi un monólogo do equipo local, o Castroverde cun 4-2-3-1 en repregue agardou na súa área a un cadro local que levou todo o peso do encontro pero que ó longo dos noventa minutos pecaron de exceso de precipitación, xa que ante un rival tan repregado tentaron buscar demasiado depresa a meta rival sen elaborar excesivamente.

Así en canto a ocasións tan só tiveron un par de oportunidades craras ó longo de todo o encontro mentras que os visitantes non se achegaron á meta rival.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P…………..Marcos Fernández 3 puntos.

o Imprescindible…………….Toñín 2 puntos.

O regular…………………..Juan 1 punto.