Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde derrotou ó Sober por un gol a cero nunha fría tarde de domingo. O encontro era crave para ámbolos equipos situados na parte baixa da crasificación e os locais sabedores disto saíron dende o primeiro minuto na procura do gol.
Tras un par de ocasións desaproveitadas, finalmente no minuto quince Gelo puña en vantaxe ós locais tras quedarse só diante do arqueiro e canealo para bati-lo a porta baleira. Tras éste gol o Sober tratou de reaccionar pero durante a primeira metade estivo mellor asentado o Castroverde que tivo algunha ocasión para amplia-la diferenza.

O segundo tempo variou por compreto, os locais adicaronse a manter o gol de vantaxe e o Sober fíxose cos mandos do encontro pero sen chegar a ter ocasións excesivamente craras perante o marco rival; aínda así o escaso do marcador fixo que os locais sufriran ata o derradeiro minuto pero a defensa no día de hoxe ben asentada conseguiu deixar a súa meta a cero.

LIGA FANTÁSTICA

O MVP……………………Gelo 3 puntos.

O IMPRESCINDIBLE………….Iago 2 puntos.

O REGULAR………………..Marcos Fernández 1 punto.