A S.D. Castroverde foi asoballada por un dos derradeiros clasificados na tarde do sábado tras caer por sete goles a un.
A primeira metade comezou con maior dominio visitante que sobre todo pola banda esquerda chegaba con bastante facilidade, pero os centros que chegaban dende aí non eran rematados, namentras que os locais tentaban sorprender nunha contra ós seus rivais.
Así transcurría o encontro, sen ocasións saliantables agás un remate ó longueiro do equipo local, cando nunha xogada dubidosa, un xogador do Antas interceptaba un pase coa man cerca do medio campo e despois despexaba o balón sorprendendo a un adiantado arqueiro visitante que se creu que o colexiado pitara falta. Pouco despois outro fallo da defensa verdibranca propiciaba que os locais acadaran o segundo tanto e así se chegaba ó entretempo.
Na segunda metade o Castroverde saiu a por todas cunha defensa moi adiantada na procura de presionar ó cadro local e pechalos no seu campo, pero o resultado foi desastroso xa que o medio campo local fixo o que quixo e adicouse a meter balóns en longo que superaron constantemente á defensa visitante que se viu desbordada e comezaron a chegar os goles un tras doutro podendo ser o resultado final aínda máis abultado.