Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde acadou a primeira vitoria da tempada tras derrotar ó Palas por tres goles a un nun soporífero encontro disputado na tarde do sábado baixo unha calor abafante.

Comezou o encontro con dominio alterno aínda que quizais con maior posesión da bola por parte dos locais,pero sen ningunha ocasión digna de saliantar xa que a maioría das xogadas morrían no medio campo onde ámbolas escadras perdían constantemente o esférico, principalmente os verdibrancos que tiveron o seu talón de Aquiles na medular ó longo de todo o xogo cunha morea de perdas do esférico.
Cando todo apuntaba a que o taboleiro non se ía alterar un penalti cometido por Juan puña en bantanxe ós visitantes no minuto vinte, e a partir dese intre, os locais tiveron uns minutos de estar perdidos no terreo o que provocou que o Palas tivera algunha ocasión para aumenta-la bantaxe pero sen sorte.

Finalmente no minuto trinta e sete Toñín botou un corner moi cerrado que o arqueiro despexou na liña cos puños coa mala sorte de que a bola rebotou nun defensa e acabou dentro da meta do Palas. Así se chegaba ó descanso.

Na reanudación o Castroverde mellorou un pouco pero seguía a perder moitos balóns, sen embargo no minuto dezaseis Bruno que acababa de entra no xogo, botou unha falta dende o medio campo e Manuel remataba de cabeza ó fondo da rede.

Así os loscais sen facer demasiado púñanse en vantaxe e obrigaban ós visitantes a abrir as liñas e lanzarse polo empate, comezando así a etapa máis bonita do encontro cun par de ocasións á contra dos locais que puideron sentenzar e cun par de posibles penaltis no área local que solicitaron os xogadores do Palas.

Os derradeiros minutos foron de sufrimento xa que o Castroverde por cuarta semana consecutiva sufría unha expulsión e quedaba con dez homes, pero o sufrimento durou ata que Geme nunha contra se prantou só diante do arqueiro e batiuno polo pau corto acadando o resultado definitivo.

LIGA FANTÁSTICA

3 puntos ———- Manuel

2 puntos ———- Geme

1 punto ———– Marcos porteiro