O Castroverde caeu derrotado polo San Roque na noite do sábado por tres goles a un.
Os locais levaron o peso do encontro dende o primeiro minuto, pero durante a primeira metade os visitantes defendéronse moi ordeadamente e non permitiron ocasións de gol, e ademais á contra puideron crear algunha ocasión de perigo. Así transcurriá o encontro ata que no minuto trinta e cinco os locais no único despiste defensivo dos verdibrancos nunha xogada a balón parado conseguían poñerse por diante no taboleiro.
Pero pouco durou a ledicia no San Roque xa que, nada máis sacar de centro Antonio recibiu o balón na banda dereita foise do seu marcador e deulle o pase da morte a Marcos para que puñera as táboas no marcador, así se chegou ó entretempo.
Na segunda metade máis do mesmo, o Castroverde agardando atrás na procura dunha contra e o San Roque atacando sen ningunha efectividade, ata que no minuto quince Iago vía o segundo cartón amarelo nunha xogada moi polémica e o Castroverde quedaba por terceira semana consecutiva con dez homes. Isto foi o principio do fin, xa que dende ise intre os locais asoballaron á defensa visitante e poucos minutos despois, o colexiado sinalaba un dubidoso penalti que puña en bantanxe ó San Roque.
Ata o final pouco que contar o Castroverde desquiciado quedou con nove homes e despois dun corner o San Roque sentenzaba co terceiro podendo acadar máis goles ata a fin do encontro.
LIGA FANTÁSTICA
MVP………………3 PUNTOS ANTONIO
O IMPRESCINDIBLE…..2 PUNTOS CARLOS
O CUMPRIDOR……….1 PUNTO ALBINO