Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde e o Friol, empataron a dous tantos nunha soleada tarde sábado.

Comezou o encontro con dominio alterno, cos dous equipos na procura da meta rival, así transcurriron os primeiros minutos ata que no minuto dez unha contra do Friol, poñía ós visitantes en vantaxe. Despois disto, continuas faltas que interrumpían o desenrolo do xogo ata que no minuto trinta e cinco chegou a xogada crave do encontro. Toño viá o segundo cartón amarelo e deixaba ó seu equipo con dez homes e moito partido por diante.

O segundo tempo comezou dunha maneira sorpresiva, os locais a pesar da súa inferioridade saen en tromba e acurralan a un Friol que se cría xa coa vitoria acadada, e así Antonio cun disparo dende a frontal acadaba o empate e a partir deste intre, o Castroverde viviu os seus mellores minutos tendo varias ocasións para poñerse por diante, pero o que perdoa págao e así no minuto vinte un ataque dos locais non é finalizado por Antonio que acaba perdendo a bola e o Friol aproveita para montar unha contra rápida cun pase en longo que os locais non son quen de dexpexar e así de novo o Friol voltaba a poñerse en vantaxe.

Éste gol supuña un mazazo para os verdibrancos xa que cando mellor estaban voltaban a ir por debaixo do marcador e as forzas xa estaban moi minguadas pola inferioridade, pero cando todo apuntaba a vitoria visitante Carlos tras catro rexeites no área pequena do Friol, puña o definitivo dous a dous co que se puxo fin ó encontro.

LIGA FANTÁSTICA

MVP…………………JUAN 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE……..CARLOS 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR………….MANUEL 1 PUNTO.