A S.D. Castroverde, conqueriu un traballado punto no seu debut na liga, na súa visita a Santa Comba.
Dende o primeiro minuto os visitantes agardaron atrás ó rival para poder sair á contra, namentras que os locais levaron o peso do xogo aínda que sen tentar tocar en exceso o esférico xa que se adicaron todo o encontro a mandar balóns en longo ós puntas sen demasiado acerto.
Na primeira metade apenas houbo ocasións de gol, tan só os locais en faltas lonxanas colgadas ó área ou en numerosos saques de banda que dada as reducidas dimensións do terreo remataban no área pequena do Castroverde foron quen de poñer en algún perigo á meta visitante, por contra os visitantes practicamente nesta primeira metada apenas foron quen de cruza-lo medio campo polo que foi imposible crear algunha ocasión.
No segundo tempo máis do mesmo, balóns en longo que rexeitaban sen escesivos atrancos a defensa verdibranca e de novo saques de banda e faltas colgadas ó área que provocaron un par de rexeites nos que o Santa Comba se puido adiantar pero non foron quen de batir ó meta visitante. Así transcurría o xogo cando mediado o segundo tempo o Castroverde acadou unha falta ó borde do área local, o lanzamento da mesma foi despexado por un home da barreira coa man polo que o colexiado sinalou penalti e Albino puxo en vantaxe a un Castroverde que non fixera absolutamente nada en ataque.
Pero a ledicia durou pouco xa que dous minutos despois os locais empataban cun remate de cabeza no segundo pau logo dun bo centro dende a banda esquerda. Ata a fin, moito sufrimento para os visitantes que se viñeron abaixo físicamente e tan só se adicaron a despexar como puideron os continuos ataques rivais agardando o ansiado pitido do árbitro que sinalase a fin do encontro.
LIGA FANTÁSTICA
MVP 3 PUNTOS | ALBINO |
O IMPRESCINDIBLE 2 PUNTOS | JUAN |
O REGULAR 1 PUNTO | ANTONIO VILACOTE |