Un desganado Castroverde puxo fin a tempada cunha derrota pola mínima perante o Becerreá no encontro de volta da Copa Deputación 2011, nun terreo de xogo totalmente impracticable.
O encontro foi de moi baixa calidade e tan só a incertidume do resultado tralo dous a un do xogo de ida puxo algo de emoción na tarde do domingo. Na primeira metade ningún dos dous equipos foi quen de disparar a porta agás nunha ocasión o Becerreá tras unha probable falta a Manuel o dianteiro local prantouse diante de Marcos e acadou o único tanto da tarde; despois do tanto ata o entretempo os dous equipos adicáronse a mandar balonazos en longo sen ningún resultado positivo.
Na segunda metade máis do mesmo, pelotazos dun lado e de outro e un conxunto local con moitas máis ganas que os visitantes no que algúns xogadores se mostraron bastante apáticos ó longo do encontro ata os derradeiros quince minutos onde por fin o Castroverde se deu conta de que tan só con poñer a Manuel a peinar os balóns en longo que recibía se crearon un par de boas ocasións que puideron darlle a eliminatoria ós verdibrancos, aínda que tamén os locais dispuxeron de tres ou catro ocasións crarísimas para sentenzar o encontro, aproveitando que todos os xogadores visitantes estaban volcados arriba na procura do empate, pero Marcos estivo moi atinado facendo varias intervencións de merito e noutro caso Coedo errou un tiro a portería vacía seguramente perxudicado polo mal estado do terreo.
Así se chegou ó final do encontro e se puxo fin a unha tempada onde se acadou o obxectivo da permanencia pero non se puido dar unha ledicia á afección na Copa.