Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde derrotou ó Becerreá por dous goles a un no encontro de ida da primeira ronda da Copa Deputación. O resultado non se corresponde co visto no terreo de xogo, xa que puido acadar unha goleada de escándalo pero marrou numerosas ocasións de gol e ó final a eliminatoria terá que decidirse no encontro de volta.

Comezou o Castroverde dende o primeiro minuto na busca do gol e froito diso, chegaron as primeiras ocasións ante unha defensa visitante moi nerviosa que daba moitas facilidades pero como ó longo de toda a tempada apareceu o gran mal dos verdibrancos, a falta de puntería á hora de rematar xa que Albino gouzou de duas crarísimas ocasións que non remataron en gol por moi pouco e pouco despois Richard estrelaba un tiro dende fora do área no pau.

Así pasaban os minutos cos locais desperdiciando ocasións e cos visitantes sen inquedar a meta de Marcos, ata que por fin no minuto vintecinco Richard con outro disparo lonxano acadaba un golazo que puña en vantaxe ós locais e así se continuou ata o entretempo sen que o marcador se movera máis.

A segunda metade máis do mesmo, dominio verdibranco, ocasións erradas e uns visitantes que tan só se aproximaban nalgunha esporádica xogada a balón parado. Así parecía que o segundo gol da tarde ía chegar pronto para os locais pero como se soe decir o que perdoa págao e así sucedeu; a falta duns dez minutos para o remate do encontro unha falta lanzada dende o medio campo foi peiteada por un xogador do Becerreá e a bola terminou entrando pegadiña ó pau sen que Marcos puidera facer nada por evitalo.

Con este tanto a eliminatoria compricábase moito e o Castroverde sacou forzas de fraqueza na procura de alomenos viaxar con bantaxe ó enfrontamento de volta, e así Carlos nunha gran xogada persoal prantábase diante do meta visitante e con pouco ángulo batíao cun tiro cruzado que daba a merecida vantaxe ós locais que xa non tiveron tempo para tentar ampriar as diferenzas.