A S.D. Castroverde sucumbiu na derradeira xornada de liga por dous goles a un perante o Santa Comba, nun encontro sen ningunha tensión xa que ámbolos equipos non tiñan esperanzas no caso dos locais de ascenso e dos visitantes de perigo de descenso.
Comezou o encontro mellor o equipo visitante perante uns locais que en ningún momento do encontro xustificaron a súa mellor clasificación, e froito diso chegaron as primeiras ocasións verdibrancas aínda que sen chegar a materializalas, ata que no minuto vinte Albino nun lanzamento de falta sorprendía ó meta local e facía o primeiro da tarde.
Tras este gol os locais comezaron a adiantar liñas aínda que tan só se adicaban a mandar balóns en longo na busca dalgún rexeite que lles favorecera pero únicamente dispuxeron dunha ocasión crara que desbaratou o meta visitante, namentras o Castroverde gozou doutra nova falta botada por Albino que saíu rozando o longueiro, un disparo dende fora do área de Juan que se estrelou no pau e outro par de boas chegadas que non finalizaron en gol.
Na segunda metade máis do mesmo, o Castroverde mellor asentado gozaba de craras ocasións como un par de mans a mans de Gelo e outro de Juan que non foron quen de perfora-la meta local, e como soe pasar, quen perdoa remata pagándoo e así no minuto trinta o Santa Comba recolleu un balón solto dentro do área e acadou o gol do empate de maneira inxusta.
Tralo empate os locais animáronse e comezaron por fin a poñer cerco ó arqueiro visitante dispoñendo de varias ocasións que a defensa e o meta visitante desbarataron ata chegar á derradeira xogada de encontro na que co tempo cumprido tras unha serie de rexeites dentro do área do Castroverde o balón rematou na banda esquerda do ataque do Santa Comba onde un xogador local lanzou un centro chut que pillou un pouco adiantado ó arqueiro visitante e o esférico rematou entrando pola escrada do segundo pau da meta do Castroverde rematando así o encontro cun resultado bastante inxusto polo visto ó longo de todo o encontro e poñendo fin así a esta tempada á espera de que comece a Copa Deputación onde o Castroverde tentará facer un papel digno.