Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde acadou na tarde do domingo tres valiosos puntos que lle dan a permanencia na categoría perante o Arenas por dous goles a tres.

O encontro era crave para salva-la tempada e froito diso, quizais os xogadores verdibrancos saíron un pouco atenazados polos nervos e dende o primeiro minuto de encontro se viron dominados por un Arenas que tentaba saca-los tres puntos para alimentar as escasas opcións de salvación que aínda tiñan.

O Castroverde estaba pechado no seu campo, pero os locais non eran quen de xerar ocasións craras, por contra os visitantes en rápidos contragolpes poñían o perigo, e grazas a iso tras unha gran xogada combinativa, un centro dende a esquerda de Gelo era rematado por Carlos para poñer o cero a un no taboleiro. Con éste gol, o dominio local intensificouse e comezaron a chegar as primeiras ocasións do Arenas, pero a falla de puntería nuns casos e a boa actuación da defensa noutros fixeron que o marcador non se movera máis ata o entretempo.

Na segunda metade máis do mesmo, o Arenas dominaba e pechaba atrás ó Castroverde pero os seus ataques morrían ó borde do área enemiga, por contra os visitantes en esporádicas contras seguían a xerar perigo ata que no minuto quince Gelo recollía un maxistral pase de Manuel, regateaba ó arqueiro e subía o cero a dous no marcador.

Pouco despois, en pleno desconcerto local, de novo Gelo se prantaba só diante do meta e poñía un tranquilizador cero a tres a falta de vinte minutos para o final. Con éste gol todo parecía resolto, e incluso Juan e Gelo gozaron de outras duas crarísimas oportunidades de gol que non solventaron e que a piques estiveron de estropea-lo encontro, xa que no minuto trinta o Arenas recurtaba distanzas e poucos minutos despois poñían o dous a tres merced a un lanzamento de penalti.

Ata o final, moitos nervos o Arenas a base de balóns en longo sembraba o temor nos visitantes, pero unhas boas accións de Richard e Carlos en ataque fixeron que a maior parte do tempo de desconto se pasara en campo contrario nun curruncho do campo.

Así se chegou o fin do encontro cunha sufridísima vitoria visitante que soubo a groria e que salvo sorpresa moi granda serve para certifica-la permanencia na categoría.