Importante vitoria a acadada polo Castroverde nunha invernal tarde de sábado perante o pecha cancelas da categoría o Paradela por cinco goles a dous.
O encontró viuse marcado pola chuvia torrencial que caeu principalmente na primeira metade e que deixou completamente enchoupado o terreo de xogo, provocando isto os continuos erros por ámbolos bandos xa que o esférico quedaba continuamente freado nas pozas.
Quen se adaptou mellor a éstas circunstancias foron os locais e froito diso, dende o primeiro minuto foron na procura do gol sabedores do importante que eran os tres puntos para acada-la permanenza na categoría; ata que no minuto quince Gelo recibía no área pequena un bo pase dende a banda e a pracer facía o primeiro da tarde. Lonxe de relaxarse o Castroverde seguíu insistindo e pouco despois nun corner sacado en curto o balón acabou nos pes de Marcos, que de volea facía o segundo e encarrilaba o encontro.
O terreo de xogo cada vez estaba peor pero o Castroverde seguía sen afrouxar e no minuto trinta Albino era obxecto dun penalti que se encargaba de transformar Manuel poñendo así o que parecía a sentenza definitiva; sen embargo aquí foi cando os locais baixaron un pouco o pistón e o Paradela aproveitouse para por fin tentar achegarse a meta rival, ata que no trinta e cinco acurtaban diferenzas e sementaban as primeiras dúbidas nos locais que pasaron dez minutos asediados por uns visitantes con novos folgos aínda que por sorte para os verdibrancos Gelo no derradeiro minuto poñía o cuarto gol cun disparo raso pegado ó pau dende o borde do área.
A segunda metade sobrou, o Paradela rendiuse e apenas si puido crear perigo ante un Castroverde que se adicou a deixar pasar os minutos e que dispuxo de incontables ocasións para acadar un marcador escandaloso de haber estado un pouco máis acertados na finalización das xogadas, pero finalmente tan só se acadou un novo tanto por bando ata o remate do encontro.