A S.D. Castroverde sufriu unha derrota por catro goles a cero na súa visita ó campo do Muralla.
Comezou o encontró con dominio alterno nos dez primeiros minutos, onde ámbolos equipos tentaban chegar ó marco rival pero sen chegar a crear ocasións de gol. Así transcurría o encontró ata que chegaron a partir do minutro quince as accións craves do xogo; en duas xogadas idénticas o Muralla acadou os seus dous primeiros goles con duas faltas laterais botadas dende o medio campo, a primeira acertouna a peinar lixeiramente un dianteiro rival e tras pasearse por diante de varios xogadores a bola entrou. Pouco despois outra falta idéntica dende o medio campo, de novo se introduciu directamente na meta visitante sen que nadie chegara a rematar o esférico.
Con dous a cero se chegou ó medio tempo e na segunda metade, o Castroverde trocou varios xogadores de posición na busca de recurtar diferenzas, buscando principalmente balóns en longo aprovietando que tiñan o aire a favor, e así chegaron un par de ocasións craras de gol pero que non se materializaron, cousa que si fixo á contra o Muralla que acadou dous novos tantos en sendos contragolpes que xa mataron o encontró definitivamente.
Ata o final o Castroverde seguiu buscando o gol da honra pero o arqueiro local non permitiu que o seu marco fora perforado e así se chegou ó final do encontro.