Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde viu truncada a racha de bos resultados que colleitara nas derradeiras xornadas tras sucumbir perante o Polvorín por dous goles a un.

O encontro comezou mal para os locais, xa que no minuto cinco un lanzamento lonxano sen perigo do Polvorín, esbaroulle ó arqueiro local cando tentaba atrapalo e un xogador visitante moi atento recolleu o rexeite e fixo o primeiro gol da tarde.

Dende ise intre os visitantes tomaron o control do xogo buscando sempre centros ó área dende ámbo-los lados do terreo e froito diso crearon outro par de ocasións máis sen chegar a materializalas. Pola contra o Castroverde non baixaba os brazos e tamén tentaba crear perigo ó contraataque, cousa que fixo nun par de ocasións ata que no minuto vintecinco, un mal entendemento entre o defensa e o arqueiro forasteiro fixo que o balón acabara nos pes de Juan que a portería baleira dende fora da área facía o empate.

Ata o descanso, o xogo nivelouse e os dous equipos tentaban chegar constantemente ó área rival creando un par de boas oportunidades por bando en sendos lanzamentos de falta, ben rexeitadas polos cancerbeiros.

Na segunda metado o Polvorín tomou o control do partido de novo e lanzouse ó ataque na procura do gol da vitoria tendo unha boa ocasión nun remate á altura do punto de penalti que o arqueiro local foi quen de despexar e creando perigo en varios centros que se pasearon polas inmediacións da portería sen que naide os rematara. Pola contra o Castroverde tamén foi quen de crear perigo, sobre todo nun lanzamento de falta por medio de Toño que estrelou no longueiro e nun disparo de Juan coa perna esquerda que saiu fora por pouco.

Nos derradeiros dez minutos foi cando se decidiu o encontro. Nun saque en longo do porteiro local o último defensa do Polvorín no seu intento de despexa-lo esférico e evitar que Richard se prantara só diante do arqueiro despexou mal o balón co pé e iste rebotoulle na man impedindo así que Richard o recollera; para sorpresa de todos o colexiado non sinalou nada e deixou segui-la xogada pillando descolocado ó equipo local que se quedara parado pensando que ían pita-la infracción e despois dun primeiro tiro dende o lado dereito que se paseou por diante da porta local o balón recolleuno no segundo pau outro xogador visitante que sen moito ángulo disparou momento no que Tino no seu intento por despexar o esférico terminou alonxándoo na súa propia meta e ademais tralas protestas dos xogadores locais pola man anterior, Toño foi expulsado con vermella directa.

Ata o final o Castroverde con dez tentouno pero xa non quedaba tempo e tan só puido crear unha ocasión de perigo cun remate de Manuel que non entrou por moi pouco.