A S.D. Castroverde acadou nunha soleada tarde de domingo en Palas a súa segunda vitoria consecutiva, que lle fai coller aire na liga e deixar por detrás a varios dos seus contrincantes na loita polo descenso.
Comezou o encontro cun equipo visitante que saíu a por todas dende o primeiro minuto ante un decepcionante equipo local que non foi quen de parar en ningún momento ó ataque do Castroverde, e froito disto comezaron a chegar as primeiras oportunidades para o Castroverde por medio de Gelo e Richard, ben detidas polo arqueiro local.
Froito deste dominio, Albino connseguia inaugura-lo marcador e poñer en vantaxe ós forasteiros e poucos minutos despois un tiro lonxano de Richard sen perigo, que lle ía as mans o gardaredes, esbaróuselle e o esférico acabou para sorpresa de todos dentro da meta do Palas.
Cos locais moi tocados e co Castroverde en estado de graza poñendo cerco á meta rival, antes do entretempo tras un saque de curruncho, un defensa local na súa tentativa de despexa-la bola, terminou alonxándoa dentro do seu marco facendo o terceiro e definitvo gol.
A segunda metade sobrou, nos primeiros minutos o Palas tentou sair a por todas e froito disto, no minuto cinco o dianteiro do Palas tivo a ocasión máis crara do encontro tras recibir completamente só a un metro da liña de gol o esférico pero o seu disparo foi repelido polo pau e ahí se acabaron tóda-las esperanzas locais por remontar, xa que dende ise momento, o Castroverde á contra foi quen puido aumentar as diferenzas ata o final.