Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde acadou unha merecida vitoria na tarde do domingo perante o San Lázaro por dous goles a cero, ratificando a melloría no xogo mostrada nas últimas xornadas.

Comezou o encontro da mellor forma posible, xa que no primeiro minuto Richard recolle un balón ó borde da área e consegue o primeiro gol da tarde cun tiro axustado ó pao. Éste tanto tranquilizou moito ós xogadores locais que eran conscientes do importante que era o triunfo para acada-la permanenza na categoría e fixo que no campo tan só houbera un equipo xa que o San Lázaro ó longo de todo o encontro tan só foi quen de crear unha ocasión de perigo cun tiro dende fora da área.

Os minutos foron pasando con algunha ocasión do Castroverde pero con ese resultado se chegou ó descanso, e a segunda metade comezou cun San Lázaro que tentaba ter máis posesión de balón pero non conseguía crear perigo na meta local mentras que o Castroverde por medio de Richard, Carlos e Gelo principalmente seguía tendo algunha que outra oportunidade de gol, pero sen sorte.

Así se chegou ó ultimo cuarto de hora de encontro con vantaxe mínima para os locais que eran sabedores de que en calquer xogada aillada podían encaixa-lo empate polo que segúian a procura do segundo tanto que puido chegar no minuto oitenta merced a un xogadón espectacular de Carlos que recolleu o balón no medio campo e foise de cantos contrarios lle saíron ó paso ata encarar ó gardamallas rival, instante no que foi craramente derribado dentro do área, co conseguinte penalti e a expulsión dun defensa rival. Pero como toda a tempada, ó Castroverde segue a fallar ocasións crarísimas e ista non podía ser menos xa que o arqueiro Tomás detivo o lanzamento de penalti executado por Carlos coa conseguinte desolación na parroquia local.

Por sorte quedaba pouco tempo e os visitantes cun home menos comezaron a arriscar demasiado deixando moitos ocos atrás que foron aproveitados perfectamente por Gelo que se prantou só diante do arqueiro e logo de dribalo dispúñase a marcar a portería valeira cando o arqueiro visitante o agarrou cometendo un novo penalti e sendo tamén expulsado. Nesta ocasión Gelo non perdou e transformou a pena máxima poñendo fin así a un enfrontamento que tiña que haber sido sentenzado moito antes de non ser polas ocasións erradas.