A S.D. Castroverde saíu derrotada na súa visita a Friol na tarde do sábado por 3 goles a 1. O marcador non fai xustiza o presenzado no terreo de xogo (por chamarlle dalgunha maneira ó lamentable campo do Friol), ó longo dos noventa minutos, xa que os visitantes probablemente firmaron un dos mellores encontros da tempada e gozaron de numerosas ocasións para obter outro resultado.
Comezou o encontro con dominio alterno, os locais tentaban leva-la iniciativa pero os visitantes á contra creaban certa inquedanza na defensa do Friol, así ámbolos equipos dispuxeron de un par de boas ocasións por bando na primeira media hora ata que chegados a ése minuto, nunha nova contra verdibranca, Richard recolleu un saque en longo de Marcos, foise dos dous marcadores que o cubrían e meteu un centro medido á área onde Gelo de primeiras remataba e adiantaba ós forasteiros.
Nese intre o Friol comezou a poñerse un pouco máis nervoso e todo facía indicar que se chegaría ó descanso con vantaxe para o Castroverde, pero cerca do minuto corenta, o Friol empataba grazas a un penalti que semellou bastante craro.
Con empate se chegou ó entretempo despois dunha primeira metade moi igualada e comezou a segunda metade de novo cun Castroverde que tivo un par de ocasións crarísimas por medio de Richard que incriblemente desaproveitou; ata que finalmente o encontro se comezou a decidir por causo dun elemento co que non se contaba.
O colexiado, que na primeira metade fixera unha arbitraxe excepcional, sen equivocarse en ningunha ocasión comezou a ter erros que resultaron decisivos para o desenrolo do encontro.
No minuto quince Richard recibe un pase en boa posición e quédase só diante do porteiro e cando se dispuña a rematar o colexiado asubía un fora de xogo inexistente. Inmediatamente o Friol saca o fora de xogo, recollen o balón no medio campo e mandan un pase en longo ó dianteiro local que se encontraba dous metros máis adiantado que a defensa visitante, sen embargo neste caso o colexiado non sinala nada e o Friol acada o segundo gol nesta xogada.
Poucos minutos despois, co Castroverde moi tocado polas ocasións falladas e por como encaixou o segundo gol, un balón en longo dos locais é protexido dentro da área por Jorge que vai por diante do dianteiro agardando que o balón saia, pero éste faille unha crara cambadela e tírao ó chan sen que de novo o colexiado asubía nada e o balón acaba por terceira vez dentro do arco do Castroverde.
Ata o final tan só oubo un par de ocasións para cada bando, pero sen que se movera o marcador en ningún momento.