Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

O Castroverde empatou nun partido que sempre tivo controlado pero non foi quen de reflexalo no marcador.

No primeiro tempo dominou o balón, conseguindo chegar á meta rival pero sen crear demasiado perigo. A defensa do Sober pasaba apuros defendendo os saques de esquina e nun deles Manuel rematou de cabeza e aproveitou o rexeite para empurrar a gol. Tamén Gelo e Albino polas bandas conseguían superar á defensa, pero os seus centros non atopaban rematador.

Na segunda parte o guión trocou. Os dous equipos tiveron ocasións para marcar, pero só o conseguiu o visitante nun fallo do porteiro, que non atalla un balón peinado polo central, e deixa o balón franco no segundo pao para que o dianteiro arrebole con balón e porteiro, marcando con posible falta que non foi sinalada. Lonxe de baixa-lo ritmo, o Castroverde fíxose forte e seguiuno tentando. Ó pouco, penalti e cartón vermello por derrubar a un local e se-lo último defensa. O encargado de tiralo é Ríchard, pero o primeiro penalti a favor do Castroverde en toda esta Liga foi atallado por un acertado David.  O porteiro visitante aínda tivo outra oportunidade para lucirse, desviando na escadra un balón rematado por Gelo dentro da área. Sen tempo para máis, reparto de puntos e descontento xeral polo traballo sen premio.

O próximo rival é o Friol, esperemos que a sorte sexa favorable.