Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A S.D. Castroverde, saiu derrotada na súa visita a uns dos favoritos ó ascenso o Portomarín, por catro goles a un.

Aínda que os loscais foron superiores quizais o resultado non se axusta ó visto no terreo de xogo, posto que o que decidiu o encontro foi a coma sempre falla de puntería do Castroverde perante o marco rival.

Os primeiros minutos foron de dominio alterno e incluso o Castroverde que saiud con 5-4-1 tiña o balón máis tempo e froito diso comezaron a chegar nos primeiros dez minutos ata catro crarísimas ocasións de gol, duas por medio de Richard e duas por mediación de Iago pero sen resultado positivo. Pola contra, o Portomarín na súa primeira chegada facía o primeiro da tarde logo de rematar un centro dende a banda, moi discutido polos xogadores visitantes xa que semellaba que o axogador que da o pase estaba en craro fora de xogo.

Nese intre o Castroverde comezou a baixa-los brazos e como resultado os locais acadaron o segundo tanto pouco despois ó adiantarse o dianteiro local o arqueiro na súa saída e batilo de baselina.

Entón o Castroverde pasou a xogar cun 4-4-2 na busca de recurtar distanzas e tivo outro par de ocasións de novo marradas, cousa que non fixo o Portomarín xa que noutra contra acadaba o terceiro gol cun disparo dende o borde do área, e pouco despois acadaba o cuarto xa rematando a primeira metade nun man a man co arqueiro visitante.

A segunda metade sobrou, co encontro sentenzado ámbolos equipos adicáronse a deixar pasa-lo tempo con dominio total dos locais pero sen a puntería da primeira metade ata que ó final Toño cun lanzamento de falta direta fixo o gol da honra para os foráneos.