Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

A S.D. Castroverde colleitou na noite do sábado unha nova derrota, neste caso por tres goles a un perante o San Roque.

Comezou o encontró con dominio local cuns visitantes que agardaban atrás na busca dunha contra  que  tiveron nun par de ocasións craras por medio de Richard, pero éste non tivo tino nos seus remates. Co encontró igualado e sen aparente perigo para ningún dos equipos chegou o primeiro tanto do encontró cando o dianteiro do San Roque recolleu un rexeite ó borde do área e sen pensalo enganchou unha bolea á media volta que se coou na meta foránea.

Éste tanto fixo dano ó Castroverde que perdeu folgos, namentras que os locais comezaron a toca-lo balón con máis tranquilidade froito do cal comezaron a xerar alguna ocasión crara ben solventada pola defensa e o arqueiro visitante; ata que nun balón en longo sen aparente perigo para a defensa, o colexiado (moi protestado durante todo o partido polo equipo visitante) non sinalou un craro empurrón do dianteiro do San Roque sobre Adrián, isto permitiu que o xogador local encarara a Marcos e cando se dispoñía a rematará a porta, apareceu Jorge por detrás e na súa tentativa de roubarlle o esférico cometeu penalti e ademais foi expulsado.  O penalti foi transformado e con dous cero en contra e un home menos o encontró parecía visto para sentenza, e así se chegou ó entretempo.

A segunda parte variou por completo, o Castroverde non tiña nada que perder e adiantou as súas liñas na procura de recurtar diferenzas no marcador. A pesar da inferioridade numérica, ésta non se notou e o San Roque non era quen de poder sair do seu propio campo ata que por fin despois de tanta insistenza Javi remataba de testa unha falta maxistralmentado lanzada por Bruno e recurtaba distanzas con trinta minutos por diante.

Co gol os visitantes gañaron novos folgos e seguiron insistindo na procura do empate que a piques estivo de chegar nun par de accións a balón detido, pero cando mellor estaba a xogar o Castroverde, un balón en longo sen perigo foi mal despexado pola defensa foránea e o dianteiro local aproveitou o agasallo para face-lo definitivo terceiro gol.

Ata o final o partido xa non tivo historia o Castroverde seguiuno tentando pero acusando o home de menos quedou sen folgos e non puido acurtar distanzas.