Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

A S.D. Castroverde acadou na tarde do sábado unha gran vitoria perante o líder da categoría o Santa Comba por dous tantos a un. O encontro estivo marcado pola densa néboa que cubría o campo e que ó remate a piques estivo de facer perigar a conclusión do mesmo por falla de visibilidade.

Os dous conxuntos comparecían con baixas importantes, xa que os visitantes tiñan sancionado ó máximo goleador da categoría Iván, e os locais non contaron coa presenza de Manu, Ablino, Richard e Hector, pero aínda así confirmouse que a Veiga do Olmo non é sitio propicio para os equipos que chegan como líderes, posto que primeiro o Portomarín tan só puido acadar un empate, logo o Friol acabou derrotado diante dos locais e agora foi o turno de que incara o xeonllo o Santa Comba.

Con respecto ó partido, éste comezou cos dous equipos sen arriscar nada e con moito fútbol directo que non creaba perigo en ningunha portería. Así chegouse ata o minuto vinte aproximadamente, que foi cando os líderes se fixeron co control do encontro e comezaron a chegar con perigo aínda que só por medio de faltas e corners botados ó area e que eran rematados case sempre polos dianteiros visitantes.

Así chegouse ó descanso e xa na segunda metade, o Santa Comba saiu disposto a acada-lo tanto que lles permitira seguir conservando o liderato e puxo cerco á meta local ó igual que na primeira parte mediante xogadas a balón parado que seguían sendo rematadas polos visitantes pero sen tino de caro ós tres paus agás nalgunha ocasión illada na que Marcos tivo que intervir para desface-lo perigo.

Desa maneira chegouse ó minuto trinta que foi crave para o desenrolo do encontro. Con dous xogadores locais e un visitante tirados no chan lesionados, o Santa Comba tentou atacar e perdeu o balón no medio campo, nese intre os visitantes quedáronse parados pensando que os locais ó recupera-lo esférico e ter dous homes mancados o tirarían fora, pero Gelo moi astuto mandou un pase en profundiade a Yago que se prantou só diante do arquiero e batiuno por baixo.

Nese momento os visitantes perderon os nervos e Yago foi agredido por un defensa do Santa Comba que rematou expulsado con vermella directa e deixou ó seu equipo cun menos, aínda que non se notou posto que o Santa Comba volcouse aínda máis sobre a meta dun equipo local que tentaba alonxa-lo perigo como podía con moitos atrancos.

Chegando ó minuto oitenta de xogo e co Castroverde defendendo como podía e co Santa Comba xa con todo ó ataque Gelo recibiu un pase en longo, foise por velocidade da escasa defensa visitante e vendo ó arqueiro adiantado, vatiuno cunha fermosa vaselina dende fora da área.

A partir de ahí os locais tentaron perder todo o tempo do mundo e o Santa Comba xa atacaba sen sentido, mandando pelotazos dende calquer lado sen éxito ata o tempo de desconto onde, despois dunha falta botada dende o medio campo acadaban no enésimo remate de cabeza do partido o gol da honra pero xa non había tempo para máis e os locais acadaban tres valiosísimos puntos que os alonxan un pouco do descenso e lles virán ben para pasar unhas boas festas.

En nome da directiva e xogadores da S.D. Castroverde, desexámoslles a tódolos afeccionados do Castroverde un Feliz Nadal e Próspero Ani Novo.