Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 A SD. Castroverde acadou despois de catro derrotas unha nova vitoria, perante o colista da categoría, o Arenas. Comezou o encontro de maneira inmellorable para os locais, xa que no minuto cinco Gelo acadaba un fermoso gol de vaselina despois dun gran pase de tacón de Albino

Este tempraneiro gol fixo que o Castroverde xogara con máis calma e seguira na procura de novas ocasións diante duns visitantes que tampouco baixaban a garda e tentaban igualar de novo o encontro, ata que no minuto quince Manuel logo dun corner recollía un rexeite na área pequena e batía ó arqueiro rival.

Dende ese intre, os locais pasaron a temporizar e deixar pasa-lo tempo na procura do entretempo.

Na segunda metade o Castroverde saíu máis repregado e cedeu o control do xogo ó Arenas que conseguía chegar con certa facilidade ata o área rival pero ahí morrían todos os seus ataques sen acadar excesivo perigo.

O tempo seguía correndo cuns visitantes cada vez máis volcados e deixando ocos atrás que en duas ocasións a piques estivo de costarlles un novo gol, pero os locais non se mostraron atinados ata que no minuto noventa Toño de falta directa facía o terceiro e definito gol do encontro.