Partido para esquecer o disputado o domingo en Castroverde, nun campo enchoupado e baixo unhas condición meteorolóxicas adversas para a práctica deste deporte.
A primeira parte dominouna o equipo local, combinando no medio campo entre Albino e Iago, con interiores rápidos como Juan e Carlos, Ríchard axudando na media punta e a calidade de Gelo na dianteira. Os locais tocaban no medio e atacaban pola zona de Carlos, que tivo unha actuación destacada, con varias xogadas de paredes e regate que a defensa non foi capaz de parar. Logo dunha delas, o córner resultante derivou nun balón morto na área que foi rematado por Juan ó fondo da porteria. O Castroverde seguiu insistindo en ataque e coma resultado chegou o gol de falta directa de Gelo, por enriba da barreira e lonxe do alcance do gardameta. Pero ó pouco, o dianteiro visitante controla un balón no borde da área e fusila só contra o porteiro. Nembargante, os locais non se amedrentan e seguen dominando o xogo. Nun pase moi longo, o porteiro deixa pasar e protexe para que salga do campo, Carlos chega e centra dende a línea de fondo, o balón paséase pola línea de gol e é despexado do pola defensa. No último minuto, Gelo marca dende o medio campo logo dun mal despexe do porteiro; golazo e 3-1 ó descanso.
Partido resolto. ¿¿¿??? O Castroverde non entende de eso. A segunda parte foi para esquecer. Uns locais relaxados víronse superados en empuxe e entrega pola Comercial, espoleados polo gol ó comezo da segunda metade: rexeites ó borde da área ata que o xogador recibe o balón pola dereita da defensa e cruza con calidade ante a saída do porteiro. Ó pouco tempo, córner dende a dereita do ataque, a defensa non consegue despexa-lo balón, o central visitante dispara e chega o gol logo de desviarse nun defensa. Desconcerto total dos locais que se ven completamente superados. Como consecuencia, na seguinte xogada plántanse na área con ventaxa numérica e marcan o cuarto e definitivo.
O último cuarto de hora os locais volven retoma-lo control do partido e asedian á desesperada á Comercial, pero só conseguen unha ocasión de Carlos que salva a defensa baixo os paos, unha volea de Ríchard que vai fóra e un remate de cabeza de Manu que case entra pola escadra. Ó remate do partido a S.D. Castroverde lamenta a derrota e os puntos que tiña no peto namentres a S.G. Comercial celebra a recompensa polo esforzo e a intensidade coa que afrontaron o segundo tempo. Só queda agachá-la cabeza e tomar nota para non repetir erros nos próximos enfrontamentos.