A S.D. Castroverde colleitou unha nova derrota perante o Paradela nun partido pouco vistoso, con pouco traballo para os gardametas e prevalecendo as defensas sobre os ataques.
A clave do partido estivo no seu comezo, xa que ó minuto 10 de encontro, os locais xa dominaban por 2-0 logo de acadar un primeiro gol cunha volea dentro da área que se coou pola escrada e dunha desafortunada acción da defensa visitante que na súa tentativa de despexar a bola, acabou aloxándoa dentro da súa meta.
Ata eses intres, o Paradela mostrouse como craro domiñador da contenda e puxo cerco á meta rival namentras que o Castroverde comezou a reaccionar logo dos dous goles encaixados e comezou a achegarse con máis craridade á meta do Paradela.
Cando xa parecía que se chegaba co 2-0 ao entretempo, finalmente nunha das súas aproximacións os visitantes acadaron o gol que recurtaba diferenzas por medio de Albino que vatiu nun man a man o arqueiro local.
Na segunda metade o partido baixou moito o nivel, os equipos enredáronse moito no medio campo e non foron quen de colleitar algunha ocasión crara, agás unha do Paradela que tivo un remate na área pequena do Castroverde que conseguiu rexeitar o porteiro, polo demais, constantes perdas de balón de uns e outros sen que o resultado se movera xa ata o final.
Como anécdota do encontro, saliantar que os derradeiros 20 minutos de xogo os tivo que xogar como porteiro do Castroverde Javi, tras sufrir unha lesión Chino no transcurso do xogo e non estar no banquillo o outro gardameta Marcos que tamén se atopaba lesionado.