Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

O Atlético Muralla acadou unha clara e merecida vitoria perante un indolente Castroverde que na primeira metade rozou o ridículo permitindo que os visitantes moveran o balón o seu antollo sen ningunha presión e coas liñas moi separadas e descolocadas.

Comezou o encontro cuns primeiros minutos de tanteo, pero logo do primeiro cuarto de hora o Muralla fíxose dono do encontro e comezou a xerar ocasións que se viron materializadas primeiro por parte do dianteiro visitante que recibiu un pase entre liñas e batiu ó arqueiro local nun man a man, e logo despois dun centro dende a banda que a defensa local rematou por enviar ó fondo das suas maias.

Dende ese intre o partido quedou visto para sentenza e o Muralla adicouse a deixar pasa-lo tempo na procura do descanso, atopándose ademais antes deste cun terceiro gol a saída un corner.

Na segunda metade o Castroverde saltou ó terreo de xogo con outra actitude e tentou recurtar distancias conseguindo as súas primeiras ocasións ante a meta rival, pero o porteiro e a defensa visitante mostráronse moi efectivos e o marcador xa non se moveu ata o final.

A vindeira semana o Castroverde desplázase ata Paradela para xogar un trascendental encontro na loita pola salvación na que agardamos acade un mellor resultado a pesar de que contará coas importantes baixas por sanción de Juan e Richard.