Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

A S.D. Castroverde acadou unha nova vitoria logo dun disputado encontro contra o Palas.

Comezou o partido con dominio local e xa no primeiro minuto Richard tivo unha boa ocasión de inaugura-lo marcador pero o seu disparo saiu alto. Continuaron os locais convinando e creando perigo á contra ata que no minuto 23 Gelo poñía en vantaxe ós locais logo dunha gran xogada colectiva.

A partir do gol o Palas comezou a equilibra-lo encontro pero tan só a balón detido era quen de inqueda-la meta local grazas a boa labor defensiva dun Castroverde que tentaba aumenta-la vantaxe nalgunha contra.

Na segunda metade o Palas saiu a por todas e puxo cerco a meta local pero ó igual que no primeiro tempo, só tivo un disparo perigoso dentro do área logo dun centro e mediante unha falta directa que acabou petando no longueiro tras tocala o porteiro, puido empata-lo encontro. Por Contra a SD tamén dispuxo dunha clara oportunidade por medio de Javi para sentenza-lo encontro,  pero o seu lanzamento dende o área pequena non foi efectivo tras botarlle mal o balón.

Finalmente no minuto 75 Marcos quedábase só ante o arqueiro e batíao por baixo acadando o definitivo 2-0 que lle daba máis tranquilade ós locais que resistiron os derradeiros ataques á desesperada do Palas ata o fin do encontro.