Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

 

A S.D. Castroverde e o San Lázaro remataron en empate un partido condicionado polas inclemencias metereolóxicas, xa que a auga e o vento dificultaron que se poidera ver un partido de calidade polas malas condicións que presentaba o terreo de xogo.

Na primeira parte o partido foi parello con ambos equipos na procura dalgún gol a través de balóns en longo que solventaron sen excesivos atrancos ámbalas defensas, ata os derradeiros dez minutos de xogo nos que o Castroverde comezou a facerse co control do partido e decidiu adianta-las súas líñas comenzando a chegar con certa claridade nun par de ocasións no que sería o preludio do gol. Nun roubo de balón en campo contrario, Marcos recibiu un balón e prantouse diante do garda redes local ó que batiu cun tiro raso pegado ó pao.

A segunda metade comezou de igual maneira que os derradeiros minutos da primeira, o Castroverde tentaba sentencia-lo choque cun segundo tanto e disfrutou de varias ocasións en sendos erros defensivos locais provocados polo enchoupado do terreo pero non os aproveitaron. Pouco mais tarde, na mellor xogada do partido tras varias paredes entre Marcos, Carlos e Richard, éste último tivo un man a man co arqueiro pero o seu disparo saiu lambedo o pao.

Nos vinte minutos finais, o San Lázaro meteu un dianteiro mais e comezou a presionar a meta visitante colgando balóns á área e conseguiu fabricar un par de oportunidades que Marcos solventou brilantemente, ata que a falla duns quince minutos un balón solto na área foi aproveitado polos locais para empata-la contenda.

Despois do gol o equipo visitante sacou un defensa e fortaleceu a dianteira pero non poideron crear ningunha ocasión saliantable.

Asdo: Pichipichi.