Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Nova vitoria na Veiga do Olmo ante un rival forte.

No primeiro tempo O Castroverde saiu con cinco defensas, esperando ó rival no seu campo e saíndo á contra con Richard e os dous extremos. O Friol dominou o xogo, pero pronto se viu sorprendido nun roubo de balón no medio campo que recolle Manuel, pasa de cara a Ríchard e éste en longo á Iago pola banda esquerda, que chega ó fondo, regatea, métese na área e centra por alto ó segundo pao onde Toño remata só de cabeza ó fondo das mallas. Os visitantes non se veñen abaixo e na seguinte xogada recolle un balón na área rival e remata ó longueiro. Pouco máis tarde, nun centro desde a banda, pítase un penalti moi discutido por unha carga nun salto co rival, pero Marcos impide o empate cunha estirada abaixo á esquerda. O único salientable do resto do primeiro tempo é unha ocasión do Friol, nun remate só diante de Marcos que sae frouxo e atalla sen problemas.

No descanso revolución no equipo rival. Quédanse na caseta Jorge, Adrián, Héctor e Iago, e saltan ó campo Marcos,Carlos, Gelo e Albino. Tamés se pasa a un sistema máis ofensivo, (4-1-4-4) 4-1-4-1, e nos primeiros minutos o Castroverde faise co partido,  tendo algunha ocasión que non acerta a marcar. Os últimos 30 minutos o partido estivo moi igualado, pero as ocasións caen a favor do Castroverde, primeiro nun man a man de Carlos que non logra pasar ó gardamallas, logo Gelo noutro man a man que fai unha vaselina pero o porteiro roza o balón, e este é despexado por un defensa cando xa entrara na portería, aínda que o árbitro non o viu así. Preto do final, expulsión dun rival por unha patada sen balón á Carlos, polo que  o Friol xa non puido facer moito máis por levarse o partido.