Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 A S.D. Castroverde acadou a segunda victoria da tempada. 

Nun insulso partido de fútbol disputado no campo do Sober, as reducidas dimensións do terreo de xogo propiciaron que ámbo-los dous equipos abusaran do uso de balóns en largo, facilitando a tarefa ás defensas que non tiveron excesivos problemas para frear os ataques rivais. Tan só nalgunha ocasión no que o sol xogou unha mala pasada ós xogadores.

O conxunto local levou o peso do partido maioritariamente pero só en xogadas a balón parado foi quen de crear algo de perigo, namentras o Castroverde con Richard como única referencia en punta non se achegou na primeira parte á meta rival.

Na prolongación o partido seguiu na mesma tónica, con pases en largo na búsqueda dalgún rexeite, sen acadar ningún resultado positivo, ata que a falta duns vinte minutos para o final, o adestrador visitante decidiu fortalece-lo medio campo quitando un defensa por un medio dando como resultado inmediato o gol de Richard, logo dun saque de banda lanzado á área e que tras unha serie de rexeites o esférico acabou nos pes do dianteiro do Castroverde que non tivo problemas para fusila-la meta rival.

Dende ahí ó final o conxunto local situou mais efectivos en ataque na busca da igualada, pero a ordeada defensa visitante resistiu o asedio e tras seis minutos de prolongación o colexiado puxo fin ó encontro.

Fdo: Pichipichi.