Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

A S.D. Castroverde conqueriu un valioso empate, na Veiga do Olmo ante o lider da categoría, que lle da novos folgos para saír da complicada situación na que se atopaba. O equipo local sabedor do gran poderío ofensivo do rival, plantexou un partido ó replegue, tentando sorprender á contra; plantexamento que deu bos réditos xa que o Portomarín aínda que levou o peso do partido durante a maior parte do tempo, tropezou unha e outra vez coa ben ordenada defensa local.

Na primeira parte o Castroverde tivo un par de boas oportunidades á contra protagonizadas por Carlos e Richard, namentras que o Portomarín aínda que dominou só foi capaz de crear perigo a balón detido, en sendos lanzamentos de corner e falta.

A segunda parte foi mais do mesmo, o Portomarín tentou buscar un xogo mais directo, colgadon balóns a área para aproveitar a altura de varios dos seux xogadores, pero só crearon perigo nalgún corner e nun lanzamento lonxano. Mentras o Castroverde dispuxo nunha contra da ocasión mais clara do partido por mediación de Carlos, que nun man a man co porteiro, cruzou excesivamento o balón. Os últimos minutos de partido, foron de sufrimento para o Castroverde trala inxusta expulsión de Gelo, por protestarlle ó colexiado unha decisión na que lle amosou tan só un cartón amarelo a un defensa visitante, por unha durísima entrada por detrás sen balón de por medio a Carlos. Fdo: Pichipichi.