Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

A S.D. Castroverde sucumbiu contra o Becerreá, nun partido marcado polo vento e a choiva, que provocaron que o terreo de xogo estivera moi enchoupado.

Comezou o partido con dominio alterno, con moita loita dos dous equipos no medio campo e poucas chegadas a amba-las porterías. Pero a sorte do partido mudou a partir do minuto 15 cando se adiantou o Becerreá tras aproveitar un rexeite da defensa local, Isaías marcaba o primeiro dende o borde da área.

DO gol caeu como un xarro de auga fría no equipo local que se viu un pouco abaixo e fruto desto, dez minutos despois o Becerreá acadaba o segundo tanto. Cun Castroverde vido a menos os visitantes ampliaron a conta antes do descanso cun terceiro gol que deixaba o encontro visto para sentenza.

Na segunda parte, saltou o conxunto local con folgos renovados e a diferenza da primeira parte tentaron chegar á portería visitante con mais insistenza, ata que ós dez minutos Gelo nun gran remate de vaselina, acurta ó resultado.

A partir de ahí o Castroverde lánzase con mais insistenza na procura do segundo pero sen acada-lo obxectivo; ata que nos últimos minutos de encontro os visitantes mediante un gol de falta puxeron o definito 1-4.

 

Fdo. Pichipichi