O Castroverde non foi rival, ante unha Residencia moi consistente, e que atopou porta con facilidade. O partido comezou mal para o Castroverde, xa que un gol nos primeiros minutos encarrilou o partido en contra dos seus intereses, que en ningún momento se viron con apuros. Nun campo grande, pesado, como é habitual, e en perfecto estado, tiveron todo de cara para golear a un castroverde sin fe pola remontada.
O final dos primeiros 45 minutos, un tres a cero xa era unha clara vantaxe. Pero na segunda houbo máis castigo, cun albertito incomensurable que puxo a guinda cun fenomenal disparo, ante o que nada puido facer un desolado Marcos.
Mal partido en liñas xerais, cun castroverde floxo en todas as liñas, que non tivo forzas para poñer en máis apuros a unha Residencia, claro favorito ao ascenso.
O próximo partido, diante do becerreá, na casa, será unha boa pedra de toque para recuperar sensacións.