Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

O Castroverde deixouse os tres primeiros puntos na casa nun partido no que foi inoperante en ataque. Un correcto San Roque logrou a vitoria nos últimos vinte minutos da primeira metade, na que anotou os tres goles que serían, á postre, os definitivos.

O primeiro gol naceu dun balón colgado á area local que Juan non acerta a despexar, o balón queda morto nas inmediacións da meta defendida por Chino e o dianteiro do San Roque anota o primeiro. Sen tempo para reacción dos locais, nun corner a prol dos visitantes chega o segundo de fermosa factura tras marcar de volea. No medio do desconcerto local, chega o terceiro tras transformar un penalti cometido por Héctor.

A segunda parte foi un mero trámite e o Castroverde só inquietou nun remate o largueiro de Javi e nun par de internadas pola banda esquerda de Juan.

Tren Inferior.