Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

O Castroverde acadou un sorprendente resultado na primeira xornada da tempada diante dun dos favoritos para o ascenso, o Monterroso.

Na primeira parte o partido estivo mais parello e aínda que o Monterroso tiña mais posesión de balón o Castroverde tivo un par de boas oportunidades á contra.

No comezo da segunda parte o Castroverde adiantouse no marcador grazas a un despexe do defensa Jorge dende o seu campo que sorprendeu a un adiantado gardamallas local que non puido atalla-la bola.

Dende ese intre o Monterroso lanzouse ó ataque con todo e puxo cerco á meta defendida por Marcos, que pasou a se-lo mellor xogador visitante con varias intervencións moi atinadas, incluíndo un postreiro penalti sinalado a favor do Monterroso que logrou deter e no que Adrian foi expulsaso con doble amarela.