Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

 

 

Partido feo e pouco vistoso o disputado no municipal do corgo, resolto con victoria 0-2, pero con dedicatoria especial para Gómez, un dos fundaores do club, e que esta semana pasada nos deixou.

Os primeiros compases fóron de tanteo, sin ocasions claras, pero con máis perigo da sd con chegadas pola banda. Mediada a primera Carlos forza un claro penalti, que albino desaprobeita para adíantar o castroverde. O corgo tivo a súa mellor ocasión nun pase profundo que falla no man a man con chino, que soupo aguantar perfectamente. 

Na segunda o partido foi máis aberto, e con máis ocasións para os dous equipos. O Castroverde soupo rentabilizalas por medio Juán, o goleador neste partido, que marcou os dous pero que puido marcar algún máis. O primero nunha internada pola banda e o segundo nunha combinación logo dunha falta rápida sacada por Carlos. O corgo tivo algunha clara ocasión para inquietar no marcador, pero atopouse cun incomesurable Chino.

O próximo rival será o Guntín, e no seu campo, quen derrotou con facilidade o Palas por cinco goles a cero.