Despois de moito tempo seu coñece-la vitoria, o Castroverde consegue os tres puntos ante un combativo Lajosa que puxo moito empeño pero foi superado no xogo de equipo.
No primeiro tempo os visitantes intentaron leva-lo ritmo do partido, pero en dúas xogadas ailladas recibiron dous goles, primeiro nunha internada pola banda esquerda (atacante) cun pase atrás ó punto de penalti que é rematada a gol por baixo polo xogador Carlos, e logo nun pase longo que colle á defensa adiantada e ó porteiro moi retrasado, e David resolve por baixo no un contra un contra Marcos, que puido facer máis nos dous primeiros goles. O Castroverde non se desesperou e continuou mandando do partido, conseguindo rematar ocasions moi claras, pero sen sorte, incluíndo un penalti que Ríchard lanzou fóra pola dereita. Ó pouco Ríchard recupera un balón na área, vaise de dous contrarios e marca polo primeiro pao, resarcíndose do penalti. Pero o golazo da tarde foi do gran capitán Pereira, que nunha falta frontal tira por enriba da barreira e consegue marcar pola mesma escadra, facendo inútil a estirada do porteiro. O Castroverde seguiu dominando, e cerca do descanso un centro pola esquerda é rematado por Juan, conseguindo a remontada no Municipal de Lajosa.
O segundo tempo foi máis disputado polos equipos, sen un dominador claro. Lajosa marcou por medio de Carlos nun pase profundo ó desmarque do mesmo, que queda sólo diante do porteiro e marca por baixo. Despois de varias xogadas con perigo, sobre todo de Manel, chega o gol definitivo, outra vez de Ríchard, rematando a portería baldeira logo de varios rexeites.
Por fin o Castroverde xogou a bo nivel, e o máis importante, como un verdadeiro equipo, conseguindo unha vitoria importante que de seguro o fará aínda máis competitivo do que era. Ademais é de recibo destaca-lo xogo de Manel, que soupo aproveitar a titularidade, e de Ríchard, que non se borrou despois de falla-lo penalti.