Partido igualado entre o Castroverde e o Taboada, con ocasións claras para os dous conxuntos, pero coma sempre un gol nunha xogada tonta deixa sen puntos ó Castroverde de novo.
No primeiro tempo comezou dominando o Taboada, tendo dúas ocasións moi claras que non soupo aproveitar. No minuto 34, un balón morto que o dianteiro visitante se leva coa man termina dentro da portería local, sendo moi protestado por xogadores e aficionados.
No segundo tempo o Castroverde leva a batuta, pero é incapaz de marcar ante a boa actuación do porteiro Roi que para un remate de cabeza de Manuel e un tiro lonxano de Ríchard.
Próximo partido en casa contra a Resi, e xa toca gañar.