Nova derrota (e xa perdín a conta) do Castroverde, nesta ocasión no Polvorín de Lugo contra o San Roque, próximo na clasificación e rival directo polos postos de salvación.
Na primeira metade as ocasións claras foron para o Castroverde, en sendos tiros de Albino e Iago dende fóra da área que o porteiro rexeita non sen dificultade. Sen embargo nun centro dende a banda dereita atacante que queda pasada ó segundo pao é rematada perfectamente de volea polo dianteiro local fusilando ó porteiro que só pode mirar como o balón se aloxa na rede.
No segundo tempo o Castroverde faise completamente co partido, con varias ocasións moi claras, como Gelo que remata un pase atrás na área pequena e que para o porteiro de forma xenial, ou un remate de cabeza de Albino que sae fora. O San Roque non ten ocasións claras, xa que a defensa adiantada rival lle gañou a partida nesta ocasión.
Ó final outra derrota, pero esta vez inmerecida, xa que alomenos un empate era o xusto. Só queda seguir co xogo e intensidade amosados o sábado e de seguro que as vitorias non se farán de rogar.