Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

 O Castroverde noi foi quen de impoñerse a un paradela que aproveitou as súas ocasións e a inspiración nas faltas de Raúl (dorsal 8).

 

No primeiro tempo o partido estivo igualado, e só nun erro por parte local fixo que os visitantes se adiantaran. Pouco despois un rexeite na área é rematado de volea precisa ó pau dereito lonxe da estirada do porteiro, facendo o segundo gol.

Na reanudación, revolución táctica no Castroverde, que troca a un 3-5-2 (bruno, adrián, juan; manuel, ríchard, gemelos, guti; manel, albino), faise co dominio do balón, e consigue marcar de penalti. Pero ó pouco penalti en contra que marca raúl, e a partir deso xa non hai folgos para máis. Finalmente un golazo de falta lonxana pola escuadra de Raúl pon o resultado definitivo na Veiga do Olmo, con bastantes afeccionados que se marcharon decepcionados.

A próxima xornada visitamos ó San Roque, no Polvorín ás 8:00 da tarde do sábado. É tempo de levantá-la cabeza e demostrar que somos mellores do que di a clasificación.